martes, 26 de marzo de 2024

miércoles, 28 de febrero de 2024

Xornada de clausura do Encontro: Hipócrita Teatro

 

Título do espectáculo:  Arte.

Autor:  Yasmina Reza.

 

Xénero: Traxicomedia.

 

Duración:  70 min.

 

Público ao que vai dirixido: Maiores de 12 anos.

 

Breve sinopse ou resumo da obra:

Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, sabe dicirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos. Veremos como, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de quince anos e compórtanse como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero. Axiña, todo isto mostraranos a fraxilidade das relacións humanas. A incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.

Elenco: Teo García (Teo), Iván Redondo (Iván), Michael Pereira (Carlos).

 

miércoles, 21 de febrero de 2024

Terceira xornada do Encontro: Tangatutanga Teatro

 

Título do espectáculo: O lago dos cisnes.

Autor: Tangatutanga Teatro.


Xénero: Comedia.

 

Duración: 60 min.

 

Público ao que vai dirixido: Xeral.


Breve sinopse ou resumo da obra:

Vai  frío.  Non  podía  ser  doutro  xeito.  Isto  é  Friecia. Friecia  é  unha  monarquía  absolutamente  absoluta,  gobernada  pola  nosa benquerida  raíña  Fríxida. Fríxida  é  unha  raíña  do  máis  moderno  pero  que...respecta  as  tradicións!  Algunhas como  a  pena  de  norte  ou  comer  reno  á  feira,  a  comida  nacional  por  excelencia. A  raíña  Fríxida  está  preocupada  porque  a  tradición  máis  importante  non  se  está  a cumprir:  o  seu  fillo  Sigfrido,  o  principe  herdeiro,  vai  facer  41  anos  e  aínda  non casou! A  raíña  prepara  un  baile  na  corte  con  263,5  candidatas.  Está  todo  listo  e  medido, con  grande  exactitude  friesa  pero...  a  noite  antes,  Sigfrido  vai  de  caza,  e  no bosque,  perto  do  lago,  vai  ter  lugar  un  encontro  do  máis  inesperado... Calquera  cousa  pode  acontecer  nesta  achega  cómica  de  Tangatutanga  Teatro  ao ballet  clásico  do  Lago  dos  Cisnes.

 

Elenco: Marta Bouzón, Inés Colmeiro, Patricia Crespo, Sabela Dávila, Andrea de Francisco, Silvia Lías, María Meimije.

 

Dirección: Beatriz Bravo.